@s argalleir@s das letras conseguimos que tod@s @s nos@s compañeir@s participasen na actividade que tiñamos preparada para este día. Non sabiamos que ía ser un día tan especial, nin con tanta sona! Alegrámonos que se deran conta que a MULLER forma parte da sociedade e que sen elas, PÁRASE O MUNDO!
RESPECTO, DEREITOS E IGUALDADE PARA TODOS E TODAS é o que nos move dende sempre. Por iso comezamos a lembrar a importancia deste día para recoñecer o papel da muller no mundo en que vivimos.
Puxémonos en marcha para realizar a figura que elaboramos conxuntamente. Interpretamos a música que tantas lembranzas nos trae..., e puxémoslle voz ao poema que eliximos.
Aínda que nos faiou a tecnoloxía ( o dron non funcionou para gravar), conseguimos facer o que xa imaxinades vós.
Deixámosvos coas fotos do que fixemos.
Tamén en espazo aberto:
Imaxinades o que intentamos lembrar coa participación de todos e todas nós, non si?
A actividade estivo acompañada da música que interpretaron Elvira, Sofía, Adela e Álvaro. Lembráronnos esa cantiga de berce que nos transmite unha mensaxe dende hai moitos anos e que nós recollemos hoxe, porque o froito sementado xermolou e dicimos moi alto: NON MÁIS SILENCIO, NIN INXUSTIZAS. IGUALDADE!
Icía púxolle voz ao poema de Xohana Torres que eliximos para ler ese día.
PENÉLOPE
Declara o Oráculo:
"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramas de
loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades disas Patrias a vendima.
Que
amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMEN
NAVEGAR"
Aínda que nós berraramos alto e forte, todos e todas: NÓS TAMÉN NAVEGAR !
Agardamos que este día deixe de ser lembrado, porque iso suporá que A MULLER conseguiu o que é de seu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario