lunes, 1 de mayo de 2017

Día do libro 2017 en Cáceres

 Este ano “@s argalleir@s das letras” decidimos celebrar este día en Cáceres, aínda que non só visitamos esta provincia, xa que tamén nos achegamos ata Mérida. 
(Como pronto teredes unhas presentacións de todos os lugares que visitamos, agora só vos deixamos un pequeno anticipo.)  

O día 20 chegamos tarde ao hotel de Cáceres e había que deitarse pronto para retomar forzas, xa que o día seguinte sería un día duro.

O día 21, pola mañá visitamos Mérida,  pola tarde Trujillo e, da man de Cristina, coñecemos a historia do teatro, anfiteatro e moitas máis cousas destas cidades.



Logo decidimos achegarnos ata a ponte que cruza o Guadiana ( xa coñeceredes as historias que vivimos @s argalleir@s das letras alí), pasando antes polo Templo de Diana. 




Subimos ao autobús e dirixímonos a Trujillo ( elección das profes, claro) e coñecemos unha vila chea de estatuas e casas dedicadas a conquistadores como Pizarro ou Magallanes. Que cans@s estabamos!




Ás 18.00h, xa preparad@s,  saïmos coñecer a cidade de Cáceres para elixir o lugar onde realizariamos a lectura continuada o día 23 de abril. Aquí está a praza que eliximos.




O día 22 almorzamos rápido porque nos agardaba o autobús para dirixirnos ao Parque de Monfragüe e realizar a ruta elixida. Subimos ata o castelo, divisamos o río Texo, vimos voar ás aves e chegamos ata o "Salto do Gitano". Unha ruta fácil para alg@ns e algo longa para outras que se perderon.... 





Cando chegamos a Cáceres tocaba recuperar forzas para coñecer a cidade, pero esa é outra historia que pronto teredes o pracer de gozar coas nosas presentacións. 

Agora imos co tema principal desta viaxe:  A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO. Esta actividade é a que nos leva unindo a todos e todas "@S ARGALLEIR@S DAS LETRAS" dende hai moitos, moitos, moitos anos. 
Este ano decidimos que nos acompañase CARLOS CASARES, o noso piñeiro na alameda literaria das árbores celtas,  e a súa obra Xoguetes para un tempo prohibido. Esta elección foi fácil, porque el é o autor a quen se lle dedica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e está con nós dende comezos de curso 
( xa coñecedes os audiolibros que levamos realizando da súa obra, non si?). 
Pois só tocaba distribuír a lectura entre nós para logo gravala, elixir a palabra e compoñer o poema. Case nada!!! (Non podedes imaxinar a cara de Chelo cando abriu un dos libros que trouxemos da biblioteca e viu esta dedicatoria!!! Non podía crer que Carlos Casares estivese sempre tan preto de nós.)



Aquí vedes como "@s argalleir@s das letras" distribúen a lectura. Non é un traballo fácil...!
Logo de pasear e coñecer todo Cáceres, pensabamos que iamos gozar dunha noite marabillosa no hotel, pero o destino e a programación das profesoras ( Elena e Chelo) impedírono. Ocorréuselles a feliz idea de comezar a celebración do Día do Libro, xusto cando empezaba: ás 00, 00h. Nun principio non estabamos de acordo, pero logo agradecemos esa feliz idea, porque amosámoslles a tod@s @s cacereñ@s como se pode realizar unha "NOITE ALTERNATIVA!" no día da FESTA principal da cidade ( non imaxinades a cantidade de persoas que asistían á queima do dragón!!!!) e nós pasámolo de marabilla. 

Comezamos a lectura continuada de Xoguetes para un tempo prohibido  na " Plazuela del socorro", xa que a tiñamos elixido estaba ocupada por milleiros de persoas. UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE! 

Aquí vos deixamos coa presentación que realizamos da nosa actividade, a única que nos une a todos e a todas os e as argalleiros e argalleiras das letras: GOZAR DA LECTURA E COMPARTILA CON TODOS E TODAS VÓS. 

 

De volta ao instituto tocaba continuar o traballo. Elixir título para o poema e pensar na ilustración. 
Niso estamos e pronto comprobaredes que esta actividade chega ao seu fin, un ano máis, satisfactoriamente.
Aquí estamos durante os recreos rematando o que nos une: A ACTIVIDADE DO DÍA DO LIBRO. 
Grazas a tod@s @s argalleir@s das letras por seguir facendo deste día, un DÍA INOLVIDABLE. Grazas a Elena por acompañarnos este ano ( terás gañas de volver?) a Chelo por seguir aí e a Cris e a Candela, que sempre serán: ARGALLEIRAS DAS LETRAS!
Mirade o traballo como vai: 






CONTINUARÁ... 

No hay comentarios: