sábado, 7 de enero de 2017

SOLIDARIOS E SOLIDARIAS CON TODOS E TODAS

Un ano máis @s “Argalleir@s das letras” e bibliotecari@s solidari@s intentamos que aos nenos e ás nenas da nosa vila non lles faltasen alimentos nestes días de Nadal. Cos cartos recadados cos nosos traballos puidemos comprarlles: leite, zumes, marmelada, pan tostado, galletas, cacao e algún turrón e doces típicos destas festas. Eles e elas teñen dereito a gozar destes días!


O día 20 quedamos coas profes ( non vaia ser que nos perderamos!) ás 15h diante dun supermercado da vila e comezamos a compra e a facer cálculos para non pasarnos do presuposto.
Este curso @s encargad@s e representantes d@s argalleir@s fomos: Sabela, Sara (2ºESO), Carmen, Borja, Sheila (3ºESO),  Andrea B. e Andrea M. (4ºESO). 
Agora deixámosvos cunhas fotos que amosan a nosa felicidade neste día.

Co carro baleiro, pero animosos e animosas.
Contentos e contentas porque iamos poñendo orde...
UN ANO MÁIS. AS CONTAS DERON!!!!

Como nós cremos que a solidariedade debe comezar polas persoas que tes máis preto de ti decidimos comprarlle algo para a persoa que estaba a pedir na porta do supermercado. Cando fomos xunto a el agradecéunolo moito e nós puxémonos moi contentos e contentas. 
Logo cargamos todo no coche das profes e chamamos á Concellaría de Benester Social da vila para que se achegase ata o centro a buscar os alimentos e distribuílos entre as familias con nenos e nenas que o necesitasen. 
Ao día seguinte presentouse no instituto a concelleira para darnos as grazas pola nosa solidariedade. Grazas a ti, Isabel, porque seguro que os distribuístes moi ben. 
Xa se nos esquecía. Este curso acompañamos a compra de alimentos cun agasallo. Todas as persoas  que quixeran podían traer libros que leran de pequeniños para regalárllelos a outros nenos e nenas. Como isto decidímolo algo tarde... Non houbo moitos, pero Sara, Sabela e Elena non dubidaron en traer os seus e seguro que agora xa están facendo voar a moitos e moitas nenos e nenas. 
Ata o ano que vén. 


No hay comentarios: